Outubro 2016

Outubro 2016

Persoas asistentes:
Inés Fernández, Pablo Taboada, Pedro Cubela, Mar Piñeiro, Sandra Barral, Leopoldo, David López, Soledad, Cristina Fariñas, África Rodríguez, Mariem Filgueira, e Noela Quintana.
Obxectivo da sesión:
Comunicación I. O mapa non é o territorio.
Cómo o fixemos?
Comezamos cun exercicio de entrenamiento mental. Utilizamos unha lectura de Miguel Udaondo titulada “A mochila” co fin de intentar estar en calma como elemento básico para unha boa comunicación. Comezar a nosa comunicación tratando de favorecer a escoita relaxando a nosa mente, vaciando esa mochila de cousas tan pesadas que non nos permiten escoitar a outra persoa. Aquí tedes o recurso por se queredes probar e entrenar cada día un pouquiño.
Logo a actividade principal consistiu en utilizar a propia Casa da Luz como “territorio”. Cada persoa escolleu aquela posición que consideraba a mellor desde a súa perspectiva e cadaquen debuxou o que vía. Despoios paseamos por todos os debuxos e escollimos aquel que máis nos gustaba ó tempo que descubrimos o “mapa” das outras persoas…
Como podedes imaxinar una conversa profunda e interesante resultou da dinámica.
Conclusión: non hai unha única verdade…
Aquí o enlace as reflexións de Sandra Barral, unha das persoas participantes da familia creativa e membro da segunda Edición do Programa Arela. Gracias Sandra por aportar o teu mapa sempre interesante 🙂

E así seguiremos construindo 🙂 Diviña intelixencia colectiva…

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *