Mariem Filgueira, sherpa empresarial.

Mariem Filgueira

Optimista, emprendedora e colaborativa son só algúns dos adxectivos que caracterizan a Mariem. Apaixonada do montañismo, de aí quizá veña a súa vocación e profesión: ser o sherpa que guíe a túa organización polos camiños empresariais.
Entre as súas múltiples facetas podemos atopala desde deseñando estratexias de internacionalización, analizando cocientes ou exercendo de controller, até resolvendo retos en recursos humanos, trato con provedores ou rendibilidade de clientes. As súas ferramentas son a escoita e a análise obxectiva. Non lle importa aventurarse no Everest empresarial ou facerse unha ruta polo comercio local, a personalización de cada proxecto é a súa verdadeira motivación.
Licenciada en Administración e Dirección de empresas e uns cuantos picos conquistados durante máis de 15 anos de experiencia, cambia a estandarización da gran consultoría para poder decidir cal é o mellor carreiro para a túa organización.
Desta experiencia podemos destacar o seu papel como directora de proxectos en iniciativas como Factoría de Innovación de A Coruña (con case 200 empresas), Emprendedoras Galicia (140 empresarias e emprendedoras), Tiendas a Examen (proxecto de mellora de 40 comercios do concello de A Coruña), adxunta a dirección do proxecto de Ecoinnovacion de A Coruña (175 empresas) e tamén socia de In3tec y Deep Data Lab.
Podes atopala en Espazo Arroelo, sempre cunha bolsa de chucherías preparada para compartir. Combustible para as ideas.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *