familia-creativa-maio

Maio 2016

Obxectivos da sesión:
Divertirnos, traballar a nosa creatividade e ser axentes de cambio

Como o fixemos?
Comezamos cunha pequeña explicación sobre a creatividade e o proceso creativo da metodoloxía Design Thinking, para pasar directamente a dar renda solta ás nosas ideas a través do “chorradismo”: situámonos por grupos e montamos un chindogu (solución absurda a un problema cotidiano) co que levabamos enriba. Grazas a este pequeno calentamento, logramos abordar o seguinte reto coa mente libre de prexuizos e valoracións sobre a idoneidade das ideas xurdidas. Na sesión anterior identificarase que un dos propósitos da nosa familia creativa era ser axentes de cambio na nosa contorna, polo que comezamos un proceso creativo de ideación para conseguilo.

Para finalizar, fixemos unha reflexión individual de que podiamos facer cada un de nós para levar á práctica alguna das ideas xurdidas e sobre que nos levabamos da sesión.

Aquí tedes o link a presentación por si os resulta útil.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *