Emilio Castro Otero, Investigador na área da Ciencia e Tecnoloxía de Materiais

Emilio Castro

Investigador na área da Ciencia e Tecnoloxía de Materiais, formación en Ciencias Físicas e máis de 10 anos de experiencia traballando en distintas cidades da península e no estranxeiro (Francia e Portugal). Profesor de Astronomía e Nanotecnoloxía en cursos de doutoramento, de verán e de extensión universitaria. Encántame a divulgación científica; un hobby que levo practicando máis de 25 anos. Son moi curioso e ordenado; un “team player” comprometido cos proxectos nos que me embarco.
Nos últimos anos tento reorientar a miña carreira profesional para a xestión, formándome en calidade e innovación e traballando como asistente do director de calidade nunha empresa adicada a calibración e a metroloxía con clientes no sector aeronáutico. Apaixóname as redes sociais, encargándome de xestionar a presencia online dalgunha das empresas nas que traballei e asociacións das que son socio; ata o punto de ter escrito o meu primeiro capítulo dun libro (sobre nanomedicina e en inglés) grazas a un contacto feito nunha rede social profesional.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *