Carmen Fariña Fernández.

Carmen Fariña

Licenciada en Xeografía e Historia coa especialidade de Arte. Ía para filóloga inglesa porque é un idIoma que se me dá ben pero os números “clausus” aceptáronme cando xa estaba matriculada. Mentres cursaba a carreira desenvolvín moito interese pola cultura, a antropoloxía, a arte, o que me permitiu escribir algún artigo en prensa sobre exposicións de artistas contemporáneos. 
A miña vida laboral derivou cara os arquivos da administración local e autonómica. Formei parte de equipos encargados da ordenación, clasificación, organización e descrición de toda a documentación xerada nesas institucións. Tamén fixen control de calidade en procesos de dixitalización de fondos históricos.
Unha faceta diferente é a de monitora de actividades de tempo de lecer e a participación en excavacións arqueolóxicas.
Gústame moito o ensino, compartir o que sei e axudar a comprender con técnicas de estudo. As clases particulares son o eido no que practico esta inquedanza que me encantaría tivese maior proxección.
Son de natureza curiosa polo que me rodea, o presente, o pasado e a reflexión e debate sobre o futurible, comprometida e responsable cos proxectos nos que participo. Considérome unha persoa proactiva.
Levo sin traballar un tempo considerable e ben certo é que incorporarme ao mercado laboral é algo moi importante para min. Íntentoo pola vía das páxinas de emprego, INEM, anuncios e participando en proxectos como o da Cruz Vermella ou Arela enfocados á empregabilidade. Aberta a valorar o que poida xurdir e enriquecéndome coñecendo a persoas moi diversas no persoal e no laboral. 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *