Diario Arela III: “Coller unha rá coa mans” por Emilio Castro.

Equipo Arelícola

Veciños que axudan a veciños. Persoas que axudan a outras persoas. Xuntos para colaborar, formamos un equipo xa dende a primeira sesión. O equipo arelícola. Escollemos unha verba para nos definir como equipo ó final da segunda sesión: “Confluencia”. Palabra que define o dicionario Xerais da Lingua como “aquel lugar onde conflúen dúas ou máis persoas de procedencia diversa”. Pois é máis o común que nos une ao equipo do Arela III nas nosas motivacións para atopar emprego que o que nos separa.

As sesións corren rápido. Un atópase como nunha burbulla por catro horas. Quen nos escoite dende o piso de arriba da Casa da Luz ten que pensar que o estamos a pasar en grande, non en van a mañá transcorre entre moitas risas e diversión. ¿Qué facemos para pasalo tan ben? Pois ata nos poñen a xogar con plastilina como na gardería. Pero a diversión e o xogo non é máis que o camiño para a reflexión, a aprendizaxe, o coñecemento e a superación.

Unha dinámica de obstáculos con cadeiras permitiunos reflexionar sobre a importancia de marcarse obxectivos, aínda que para uns resultaron máis motivantes os obxectivos persoais a hora de tentar acadalos e para outros ter un obxectivo común axudou a percorrer o camiño. E tralo xogo, a aprendizaxe e a reflexión: A busca de emprego non é sinxela, son moitos os obstáculos que podemos atopar e é importante coñecer cómo salvalos. Algúns bordeamos ou saltamos as cadeiras na dinámica de grupo, outros apartámolas do noso  camiño, outros axudáronse da parede para acadar os obxectivos. Xa saberás que as veces somos nos mesmos os nosos maiores inimigos. ¡Non deixes que isto aconteza na túa procura de emprego!

Chegar tarde está visto como unha falla de respecto, de responsabilidade e ata de mala educación. Aínda que neste país é un mal costume moi estendido, case un risco de identidade cultural. O equipo arelícola temos un premio sorpresa para a impuntualidade, porque se ben é certo que hai moitas razóns (incluso unha explicación científica) para non chegar puntual a unha cita, tamén temos que valorar ao próximo que nos está a agasallar co seu tempo. ¿Alguén sabe se Frank Sinatra era puntual? Nos escollemos unha canción clásica súa (New York New York) para marcar o tempo que imos agardar pola chegada das compañeiras e para decidir a quen lle entregamos o valioso premio en cada sesión. Velaquí un par de fragmentos da canción que nos vai acompañar no comezo das sesións do programa Arela III e que me recordan o falado nas dúas sesións que levamos:

Start spreading the news. I’m leaving today. I want to be part of it. And if I can make it there. I’m gonna make it anywhere

Non é doado definir un novo camiño nin atopar os motivos cotiáns para inicialo e percorrelo. Unha persoa que non se propón obxectivos profesionais, será unha persoa desmotivada e, a miúdo, desanimada. Gozarás e sentiraste máis implicado se te marcas os teus propios obxectivos. E estarás moito máis motivado se te marcas metas e repasas os logros acadados. Os logros desta semana das compoñentes do equipo foron do máis diverso: algúns moi persoais, de superación de medos como coller unha ra macho coas mans ou permitirse aceptar un traballo que non nos gusta, e outros máis profesionais, como conseguir unhas prácticas nun hipermercado ou unha entrevista de traballo a través da Cruz Vermella.

ra

A hora de buscar a motivación común que nos move na nosa busca de emprego localizamos nas persoas (representados en plastilina co señor Antonio, os fillos e o can) un punto común, naquilo de dar axuda sen esperar recibir que algo caerá, más tamén en facelo dende o corazón e o amor propio e os demais (que representamos en plastilina cun corazón máis grande que as persoas) e no camiño e a orientación para seguilo (que representamos cunhas frechas). Con todo isto compuxemos un tótem circular ou diagrama de fluxo, no que as frechas conectaban corazóns e persoas, indo o cans e as fillas acompañando no camiño a percorrer ao señor Antonio.

Aí vamos! Dándoo todo! Confluíndo a gusto! Moitas grazas por estas dúas sesións e que haxa moitas máis.

Emilio Castro (Arelícola)

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *