Arela, exemplo claro de como impulsar o talento da nosa cidade.

foto-35

Xerar oportunidades laborais inclúe unha ampla variedade de formas de poñerse en acción. E para mostra un botón. A última edición do Programa ARELA tivo como resultado unha inspiradora acción colectiva das persoas protagonistas, e que continua en acción trala finalización desta segunda edición:

  1. Sandra Barral e Cristina Angulo fortaleceron os seus proxectos profesionais por conta propia. Sandra, comunicadora social, traballa na xestión das redes sociais dunha empresa americana ó tempo que desenvolverá en Pontevedra o seu proxecto Happinesslab, un programa de obradoiros que busca inspirar e dar ferramentas a persoas que están comprometidas co seu crecemento e realización persoal. Cristina Angulo, centrou os seus esforzos de cara a desenvolver o seu espazo de talento Psiquecoach dende onde ofrece servizos de psicoterapia, coaching e programación neurolinguistica e os seus servizos como sexóloga. En boca dela, “Arela foi volver a conectarme con todo o meu potencial; foi comezar a poñer en valor todos os meus estudos, e darlle unha volta ó meu proxecto”. Di que agora sinte que está onde quere estar, enfocada no empoderamento femenino emocional e sexual. En breve, abrirá o seu centro en Pontevedra.
  1. Na mesma liña, María José Gómez traballou na imaxe do seu proxecto Magoba de diseño gráfico sen olvidar a súa faceta de delineante, manexando estes campos en todo o seu potencial e aproveitando as súas sinerxias para ampliar as súas posibilidades nos seus proxectos.
  1. María Xosé Donsión sorprendeunos cun bonito proxecto para a súa comunidade do barrio de Lérez. Está dando os seus primeiros pasos de cara a crear un espazo de lectura neste barrio pontevedrés, aproveitando a forza que lle da a súa profunda paixón pola literatura e a cultura en xeral. Para iso conta co apoio da Axencia de Lectura de Meiro, un pequeno pobo de Bueu no que o xoven Daniel Duran xestiona e dinamiza e a quen tivo a oportunidade de coñecer gracias a súa iniciativa persoal de contactar con este espazo ó longo do programa Arela.
  1. Xerando novas oportunidades Wilson, decidiu tomar as rendas e fortalecer a súa formación comezando un certificado de profesionalidade na rama de refrixeración como forma de xerar novas oportunidades laborais. É un fantástico exemplo de como o Arela axuda a que a inspiración colectiva fai que todos nos poñamos en acción para tecer o noso futuro.
  1. En liña con isto, a nosa Mirian, traballa a fondo no seu soño: a fotografía. Di que se sinte moi agradecida xa que o Arela axudoulle a enfocarse e loitar polo que realmente quere e é a sua paixón. A día de hoxe expón a suas fotos en bancos de imaxes internacionais especializados, está a recibir formación neste ámbito e xa conta coa súa propia imaxe e está a realizar sesións. Di que o Arela lle proporcionou unha maior claridade de cara onde quere ir, e di sentirse máis feliz, en palabras súas “agora brillo con luz propia”
  1. David e Fran traballaron en profundidade nos seus perfis profesionais e o entrenamento para entrevistas. Fruto do seu traballo hoxe teñen unha visibilidade e fortaleza nos seus perfís reflexan a súas aptitudes persoais e profesionais. Ambos, se atopan en proceso de inserción noutro programa para continuar a trabalar as súas competencias profesionais. Porque xerar oportunidades é esforzarse e xerar novas redes coas que conectar.
  1. Leo, adquiriu unha maior consciencia da sua traxectoria e experiencia profesional, o que lle permitiu ver cara adiante e reflexionar sobre cales eran os novos obxectivos que se plantexa nunha nova etapa persoal e profesional.  
  1. Así mesmo, Bernardo Gamallo, continúa a traballar nun centro de Yoga desenvolvendo unha das súas paixón: a practica do yoga coa que pudimos contar así mesmo durante o programa. Ademais, tomou a decisión de ampliar as súas perspectivas e oportunidades profesionais de cara o ámbito de atención o cliente. Podedes coñecelo máis no seu novo cv e seguilo nas redes sociais.
  1. Pola sua banda, Javi está a traballar nunha formación de persoas maoires e nos vindeiros meses comezará a traballar durante os fines de semana nunha empresa pontevedresa de actividades socioculturais. Ademáis está a completar a súa formación cun Máster en Mediación e continúa co seu talento musical coa gravación do seu segundo disco con Millo
  1. María José Paratcha, traballou na súa imaxe e marca persoal ó tempo que identificou nova posiblidades de xerar rede profesional incórporandose en novas iniciativas tras o seu paso polo arela
  1. Verónica conta como grazas ó Arela, ampliou a súa visión sobre o emprego e a empregabilidade grazas a aprendizaxe, diversión e crecemento persoal que experimentou camiñando en equipo. Conta tamén como agora ten máis presente o enorme potencial que flúe nas persoas cando hai motivación, entusiasmo e compañerismo.

Ademais este equipo de persoas seguirá reuníndose os xoves para xerar acción colectiva coa que axudar a cidade o tempo que camiñan na xeración de novas oportunidades laborais. Xa están desenvolvendo un interesante proxecto para Pontevedra que que en breve darán a coñecer, que sigue contando co apoio do Concello. Neste sentido o nivel de satisfacción e cumplimento dos obxectivos de partida son unha realidade.

No blog do programa arela empregoarela.es poderedes seguir a súa evolución como equipo e contactar con eles no email proxectoarela@gmail.com Porque todas xuntas están no camiño, creando novas oportunidades laborais e impulsando o seu talento dende Pontevedra.

A terceira edición comezará en abril. Podes inscribirte xa nesta ligazón. 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *