Arela é un programa activo de empregabilidade impulsado polo Concello de Pontevedra, baseado na colaboración e nos obxectivos comúns. Dirixido a 20 profesionais en situación de búsqueda activa de emprego, ao longo de 3 meses. As persoas participantes axúdanse para xerar novas oportunidades laborais:
- Arela non é un curso de formación de 3 meses; en equipo decidimos cales son as nosas necesidades.
- Arela non é unha experiencia pasiva; é un programa vivencial.
- Arela non é enfocarse cara ós problemas; Arela é ir acadando retos en equipo para crear novas oportunidades laborais.
- En Arela non hai profesorado que diga o que temos que facer, o que está mal ou o que está ben. En Arela ti es a persoa responsable do proceso de mellora da túa empregabilidade
- Arela non é un programa de asistencia obrigatoria; Arela é un programa voluntario e libre onde os teus resultados dependen do teu compromiso persoal.
- Arela non é estar na cadeira bostezando de aburrimento; Arela é traballar doutro xeito e divertirnos para acadar os nosos obxectivos comúns e individuais.
A ESTRUCTURA DO PLAN ARELA
Cada edición de 3 meses estructúrase como segue:
- Sesións de equipo semanais: o fin é crear unha comunidade de persoas que colaboren e se axuden na busca de emprego ou autoemprego. O equipo de participantes e o equipo docente responsable, reúnense os xoves pola mañá de 9.30 a 14.00 horas no Centro de Emprendemento de Santa Clara.
- Experiencias formativas a demanda: a formación se decide mediante acordo e fundamentalmente é impartida polas persoas participantes do programa e por colaboracións externas para potenciar a creación natural de redes profesionais. A formación dependerá das necesidades detectadas polo propio equipo, sen esquecer aspectos transversais como o autocoñecemento, intelixencia emocional, autoestima, xeración de redes, traballo en equipo, creatividade, marca persoal, cvs, e redes sociais
- Acompañamento individual: cada persoa participante desenvolve ó longo dos tres meses do programa, un proceso individual co fin de reforzar as súas competencias, desenvolver competenciasnovas e trazar un plan coa finalidade de acadar os seus obxectivos profesionais. Organízase en dúas sesións mensuais nas que se traballa con ferramentas de autocoñecemento, creatividade, coaching, intelixencia emocional…
- Familias creativas: Encontros de creatividade e xeración de rede entre empresas, institucións, persoas en busca de emprego e persoas emprendedoras. O obxectivo é conectar e intercambiarexperiencias para evolucionar en grupo. Haberá unha sesión mensual o último xoves de cada mes de 19.00 a 21.00 horas.